Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 20:26
As vendas de peixe incrementáronse un 2,4% respecto dos niveis prepandemia con importantes incrementos en produtos como o salmón, a anchoa ou a pescada. Así o indican os datos revelados por Kantar Worldpanel no 22º Congreso AECOC de Produtos do Mar, que arrincou este mércores en Baiona.
Deste xeito, as cifras apuntan a unha subida do 2,4% do valor das vendas en comparación cos niveis previos a mazo de 2020 despois de dous anos "anómalos" polos cambios de hábitos provocados pola crise sanitaria.
Por categorías, desctan os incrementos nas vendas de salmón (19,7%), anchoa (16,9%) e pescada (5,4%), segundo reflicte este estudo, que apunta que o 11,3% do gasto das familias en alimentación destínase aos produtos do mar. Destes, o 8,2% vai parar á compar de peixe fresco, mentres que o 3,1% dedícase a produtos conxelados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.