Documento- As subvencións ós medios

Non por recurrente deixa de ser noticia os cartos que os grupos mediaticos galegos reciben da Xunta. Desta vez, Galicia Confidencial tivo acceso a un documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2005, aínda que non aparecen reflectidas todas as partidas xa que algunhas delas son froito de convenios bilaterais concretos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2007 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Faro de Vigo, S.A. obtivo 145.000 euros, Editorial Compostela, S.A., 95.000 e El Progreso de Lugo, S.L., 60.000. Pola súa banda, cinco emisoras asociadas á Cadena Ser recibiron 50.000 euros; 20.000 para Radio Coruña, 12.000 para Radio Vigo, 3.000 para Radio Ourense, 9.000 para Radio Pontevedra e 6.000 para Radio Lugo.

La Región obtivo 42.500; Editorial La Capital, 40.000 euros; Ediciones Lérez (Editor de Diario de Pontevedra), 30.000; La Opinión de A Coruña, 23.500; Radio Galicia, 2.468; Cadena Cope, 20.000; Onda Cero, 12.000; Axencia Galega de Nocias, 5.000; Europa Press Delegaciones, 5.000 e Interdix Galicia, 2.000.

Presidencia desestimou a solicitude de axuda á empresa Rías Baixas de Comunicación, S.A., por "non contestar o requerimento de documentación incompleta no prazo de 10 días, relativa a acreditación do establecido no artigo 5º.A.6 da orde que regula a concesión de axudas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

29 Quintana unt? con 135,000? a dos peri?dicos gallegos - Burbuja Econ?mica

[...] Se firm? el 20 de noviembre y sale hoy publicado en La Voz, solo han tardado tres meses. Esto lo han publicado porque ayer otro peri?dico public? lo que hab?a dado Feij? cuando era conselleiro a La Voz de Galicia en otro de esos extra?os convenioo y tambi?n sumaba una barbaridad. Por ?ltimo hace falta aclarar 1) El Correo Gallego es un peri?dico conservador y por ello m?s bien ligado al PP y 2) La propia Voz recibe todos los a?os subvenciones millonarias de la Xunta (no s? muy bien porqu?) junto con otros medios gallegos y sin embargo esto no lo publican Por ejemplo: Galicia Confidencial Blog Archive Documento- As subvenci?ns ?s medios y Galicia Confidencial Blog Archive Sanidade e Industria deron a dedo m?is de dous mill?ns en axudas aos medios O sea que para untado el periodico La Voz de Galicia y con todos los gobiernos! No s? como lo consiguen, supongo que extorsionando como siempre pero el clientelismo medi?tico es una ruina para el contribuyente gallego (aunque no fue empezado con este gobierno). Ahora La Voz est? metida en una cruzada contra el BNG porque estos han sugerido modificar estas subvenciones/convenios y vincularlas m?s bien a proyectos m?s concretos y al uso del gallego en las p?ginas (que ahora mismo es testimonial). [...]

28 Galicia Confidencial » Blog Archive » Sanidade e Industria deron a dedo máis de dous millóns en axudas aos medios

[...] Para aproximarse a todos os cartos que dá a Xunta aos medios, aos convenios habería que sumarlles, polo menos, as axudas polo galego, a publicidade institucional e os importantes contratos por “xestionar” delegacións que en realidade son da TVG. [...]

27 Galicia Confidencial » Blog Archive » S.X. de Comunicación e Vicepresidencia: así reparten a dedo as axudas ós medios

[...] Para saber todos os cartos que dá a Xunta, aos convenios habería que sumarlles as axudas polo galego, a publicidade institucional e os importantes contratos contratos por “xestionar” delegacións que en realidade son da TVG. [...]

26 Herr Redaktor

Que conste que co que sacan máis pasta os medios é co que xa comentou Xosé Manuel de refilón: as "produtoras de televisión" dos xornais, cuxo único cliente é a TVG.
Son unha auténtica mina de ouro. O que gaña a prensa galega a expensas da Xunta por publicidade e subvencións directas resulta completamente irrisorio comparado coas cantidades que cobran e que manexan por levar, de tapadillo, as delegacións da Galega. Dan vértigo.

E vós diredes: canto cobra un xornal por subcontratar de forma ilegal os traballadores dunha delegación da RTVG? Pois, como mínimo, máis dun millón de euros ó ano: 170 millóns de pesetas. Como mínimo.

E quitando a amortización das máquinas e mailos salarios paupérrimos de quince ou vinte profesionais como a copa dun pino, a marxe de beneficio para cada xornal supera os cen millóns de pesetas.

Chamádelle vampirismo ou chamádelles chupópteros. Pero o certo é que isto é o realmente serio e preocupante. O resto son coñas. Notas a pé de páxina.

E aí si que non cambiou nada. Nada de nada. Os Señores das Cabeceiras seguen a enche-las súas arcas, a monta-los seus emporios comunicativos a base de ben e a rirse de tódolos políticos estea quen estea enriba da palestra. Fan e enchen caixa estea quen estea.

Este é o auténtico panorama: paga-los titulares nos xornais cos cartos de todos. Non se trata só de que a CRTVG non reciba críticas na sección de comunicación, senón de que as políticas dos gobernantes da Xunta resulte ben parada no xornal enteiro. Así de simple e escabroso. E a isto seica lle chaman liberdade de prensa.

25 AÑON

saldriamos a rua si a nosa compañeira fora afectada por lo de Losada.
Todos en manifestacio a rua.
Celsa e excelente compañeira, y boa persoa.