Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2007 | Actualizada ás 10:53
Faro de Vigo, S.A. obtivo 145.000 euros, Editorial Compostela, S.A., 95.000 e El Progreso de Lugo, S.L., 60.000. Pola súa banda, cinco emisoras asociadas á Cadena Ser recibiron 50.000 euros; 20.000 para Radio Coruña, 12.000 para Radio Vigo, 3.000 para Radio Ourense, 9.000 para Radio Pontevedra e 6.000 para Radio Lugo.
La Región obtivo 42.500; Editorial La Capital, 40.000 euros; Ediciones Lérez (Editor de Diario de Pontevedra), 30.000; La Opinión de A Coruña, 23.500; Radio Galicia, 2.468; Cadena Cope, 20.000; Onda Cero, 12.000; Axencia Galega de Nocias, 5.000; Europa Press Delegaciones, 5.000 e Interdix Galicia, 2.000.
Presidencia desestimou a solicitude de axuda á empresa Rías Baixas de Comunicación, S.A., por "non contestar o requerimento de documentación incompleta no prazo de 10 días, relativa a acreditación do establecido no artigo 5º.A.6 da orde que regula a concesión de axudas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.