Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/06/2022 | Actualizada ás 12:52
O campo de interpretación da fame do Encontro Acampa pola Paz, que se celebra na Coruña ata este sábado, rexistrou actos vandálicos esta madrugada, segundo informou o coordinador da rede, Xosé Abad.
Na rolda de prensa ofrecida este venres, explicou que, aínda que a idea inicial era pechalo cun valado, descartouse porque a reflexión á que o Movemento Acampa pola Paz pretende convocar "tamén ten que ver co ocorrido esta noite", explicou o coordinador.
"O ano pasado esnaquizaron e roubaron varias das fotografías expostas; isto parece unha simple canallada nunha noite de botellón pero debe levarnos a pensar que estamos a facer mal na educación dos mozos", indicou.
En concreto, esta madrugada a exposición situada nos xardíns de Méndez Núñez rexistrou actos vandálicos, tras aparecer rotas algunhas pezas, ademais de subtraerse outras, segundo explicou.
Tamén apareceu esnaquizada a mostra de comida lixo que había no espazo dedicado á obesidade. En concreto, romperon a figura que protagonizaba o espazo dedicado á guerra e levaron a figura que rebuscaba no colector de lixo.
Agora, segundo informou, Rede Acampa tratará, na medida do posible, de repoñer as pezas. "En todo caso, servirá de exemplo da sociedade na que estamos inmersos", concluíu o coordinador de Acampa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.