Por E.P. | OURENSE | 10/06/2022 | Actualizada ás 19:12
As actuacións levadas a cabo para reducir o nivel de arsénico no sistema de abastecemento municipal do concello ourensán de Castrelo de Miño permitiron normalizar a subministración de auga á poboación ao contar con garantías sanitarias para o seu consumo.
O ano pasado no mes de decembro, o Concello realizou unha declaración de emerxencia para afrontar a situación tras detectarse elevados valores de arsénico no sistema de abastecemento de auga.
Para conseguir valores aptos que garantisen a seguridade para o seu consumo desenvolvéronse unha serie de actuacións para as que a entidad local contou co apoio técnico e financeiro da Xunta de Galicia, actividades que terminaron na xornada do pasado xoves. Así pois, desde a xornada do xoves, tras os informes dos técnicos de sanidade, o servizo de auga conta coas garantías sanitarias para o consumo.
Así o anunciou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, que xunto ao alcalde do Concello de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, supervisou o fin das obras realizadas grazas ao convenio colaboración entre a Conselleria de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, que achegou 400.000 euros e o concello que executou as obras.
Alén explicou que a Xunta de Galicia financiou a asistencia técnica ao concello para definir as actuacións de emerxencia necesarias para a eliminación do arsénico con carácter urxente, e ademais a redacción do proxecto de solución definitiva a este problema.
Os traballos consistiron en mellorar a dosificación de reactivos da potabilizadora situada en Coto Novelle, levándose a cabo a substitución da área do filtro por outra de alta capacidade mediante un sistema automatizado. Ademais instaláronse analizadores de cloro e de turbidez.
Esta nova colaboración da Xunta de Galicia co municipio ourensán súmase a outra actuación paralela de execución de melloras na rede abastecemento en varios núcleos do municipio por un importe de 40.000 euros, obras que xa foron finalizadas e entregadas o pasado mes de marzo
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.