O PSdeG pide á Xunta ser "proactiva" coa nova lei do xogo tras "máis de catro anos" anunciada

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/06/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, pediu á Xunta que sexa "proactiva" na tramitación da nova lei galega do xogo que leva "máis de catro anos anunciando".

Álvarez referiuse a unha publicación de 'La Voz de Galicia' do domingo que advirte de que en Galicia "hai 25.000 menores que se atopan en risco de converterse en ludómanas".

Así, fronte á "pasividade" do Goberno galego nesta materia, lamentou que teña que ser "o PSdeG quen impulse decididamente esa reforma legal", á vez que preguntou á Xunta por que ata agora "non foi capaz de avanzar" neste proxecto "tan necesario".

"Este problema non é novo. Púidose ter agravado e agravouse coa pandemia, pero non é un problema que apareceu no ano 2020", aseverou Álvarez.

Xogos e apostas online
Xogos e apostas online | Fonte: Pixabay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta