Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 14:50
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciou este venres que Galicia contará cun plan para a formación e a incorporación das mulleres ao sector da minaría, unha decisión recollida na Axenda de Impulso da Minaría Sustentable que prepara o Goberno galego para o 2030 nun momento dunha forte contestación social contra o sector mineiro.
Conde interveu no segundo Simposio Muller e Minaría, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas e Enerxía de Galicia e a Cámara Oficial Mineira, co apoio do grande lobby mineiro, onde apuntou que a Axenda de Impulso da Minaría Sustentable busca consolidar dous conceptos crave para o futuro desta industria: a sustentabilidade e a igualdade.
Con iso, dixo, "trátase de visibilizar a situación da muller na minaría", que está a cambiar moito grazas, en parte, á profesionalización do sector e á incorporación das novas tecnoloxías. A día de hoxe, en Galicia, dos case 3.200 empregos directos que xera esta industria, un 10,5% están ocupados por mulleres, das que o 12% desempeña algún cargo directivo ou técnico.
Para seguir avanzando, o vicepresidente primeiro avogou por que o auxe da minaría sustentable vinculada aos minerais estratéxicos para a industria sexa unha lanzadeira para impulsar a incorporación das mulleres a esta industria desde niveis profesionais que esixen unha maior cualificación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.