'Ai-lalelo', cando a intelixencia artificial reivindica a tradición e innovación da cultura galega

O tema do equipo PAMP! participará na IA Song Contest, de música xerada por Intelixencia Artificial, o 6 de xullo en Lieja (Bélxica).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O equipo PAMP!, cuxo nome rende homenaxe á primeira programadora informática galega, presentou este mércores a canción 'Ai-lalelo' no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. O coordinador do proxecto, Joel Cava, remarcou que este tema, xerado por Intelixencia Artificial (IA), "reivindica a tradición e innovación da cultura galega".

Esta canción representará a Galicia no IA Song Contest, o festival de música xerada por IA creado en 2020 durante a pandemia. O evento, que se celebrará o próximo 6 de xullo, reunirá a 15 finalistas de todas as partes do globo na cidade belga de Lieja. Xa se pode votar por 'Ai-Lalelo' a través de votaailalelo.com.

Ademais de Joel Cava, na rolda de prensa participaron o compositor, Xandre Outeiro, e o produtor musical, David Santos. De maneira telemática tamén interviñeron outro membro da composición da letra, Juan Alonso, e a realizadora do videoclip, Marta Verde.

Cava desvelou o propósito do proxecto, nacido o 23 de marzo deste ano, que se trata dunha iniciativa cara ás mulleres galegas. A canción, centrada na figura dunha costurera durante o catro estaciones do ano, presentarase en directo este 1 de xullo no programa da TVG Luar.

PROCESO CREATIVO

Durante o proceso para xerar a letra, o grupo atopouse co problema da non existencia dun modelo que xerase textos en galego. Para solucionalo, PUMP! extraeu 450 coplas para dotar ao sistema de letras en galego.

Respecto da melodía do tema, o equipo optou por composicións da música tradicional galega. O proceso baseouse na xeración automática por parte dunha computadora das melodías tras engadir unha primeira inicial.

'Ai-Lalelo', A Canción 'Artificial' Que Reivindica A Tradición E Innovación Da Cultura Galega
'Ai-Lalelo', A Canción 'Artificial' Que Reivindica A Tradición E Innovación Da Cultura Galega | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta