A área de Pontevedra anula cirurxías "demorables"

Tamén abre camas e reforza as tardes para estabilizar a asistencia.

Por E.P. | Pontevedra | 22/07/2022 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés adoptou estes días distintas medidas para estabilizar a presión asistencial dos seus centros sanitarios ante o incremento de demanda rexistrado, segundo informou a través dun comunicado. Entre estas medidas, destaca, está a utilización de camas de cirurxía maior ambulatoria e da Unidade Polivalente, así como a "anulación de ingresos programados para intervencións cirúrxicas demorables", mantendo "toda a cirurxía oncolóxica, prioritaria e a de pacientes ingresados".

Otorrinos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra operan por primeira vez co robot cirúrxico Da Vinci
Otorrinos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra operan por primeira vez co robot cirúrxico Da Vinci | Fonte: Sergas.

Así mesmo, reforzouse o servizo de Medicina Interna coa contratación de dous facultativos e coa activación de tardes de reforzo de Medicina Interna nas xornadas dos días 20, 22 e 22; e ingresouse pacientes que habitualmente irían para Medicina Interna noutros servizos da área.

O mércores 20, xoves 21 e venres 22 procedeuse á "anulación de dúas salas programadas de exploracións endoscópicas" para "a redistribución do persoal de enfermaría e o apoio de facultativos de Dixestivo para atender a urxencia de Medicina Interna polas mañás".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta