Perigo para núcleos habitados de tres concellos de Ourense por un macro incendio "descontrolado"

O incendio obrigou a cortar a liña ferroviaria entre O Irixo e Lalín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Xunta activou a Situación 2, de perigo por proximidade do lume a vivendas, en todo o distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro, debido á proximidade do lume a varios núcleos de poboación nos municipios ourensáns de Boborás, O Irixo e O Carballiño.

Segundo relata a Europa Press a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, os veciños "están a confinarse nas súas vivendas" debido á proximidade do lume. Sinala que estes incendios foron provocados polo paso dun tren, que deixan focos en: Fondo de Vila, Eixán, Cibreiro, Rodas, Xuvencos, Xurenzás e Ventosa.

Lamenta que a situación está "descontrolada" con perigo para os pobos. De feito, a través das súas redes sociais, a alcaldesa recomendou aos veciños: "Ponde coches en posición de saída. Regade a contorna de vivendas e, sobre todo, protexervos".

Segundo a información de Medio Rural, o lume de Boborás, iniciouse na parroquia de Astureses ás 17,30 horas e está activo. Traballan dúas brigadas, unha motobomba e un axente, entre outros medios.

Pola súa banda, o lume do Irixio xa arrasa unhas 240 hectáreas. Comezou ás 12,30 horas na parroquia de San Cosmede de Cusanca. Traballan sete avións e 11 helicópteros, entre outro.

No Carballiño, hai un lume activo na parroquia de Longoseiros. Iniciouse ás 15,51 horas. Traballan dous avións, tres brigadas e unha motobomba.

Así mesmo, suspendeuse a circulación da liña convencional de tren entre O Irixo e Lalín por varios focos de incendio próximos á vía. Afrecta a trens que circulan entre Ourense e Santiago de Compostela.

Incendio achegándose as casas
Incendio achegándose as casas | Fonte: Axentes MM CCOO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta