Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/08/2022 | Actualizada ás 19:15
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama á participación da cidadanía a doar sangue ante a necesidade diaria de 500 doazóns para a asistencia sanitaria. Co fin de facilitar a doazón, 10 unidades móbiles da ADOS percorren diariamente os concellos galegos, ademais dos sete puntos permanentes de doazón das principais cidades.
Desta forma, desde o vindeiro martes 16 e ata o domingo, 20 de agosto, as unidades percorrerán diferentes concellos galegos.
Así, na Coruña visitarán nesas datas Ferrol, Curtis, Cerceda, Ames, Culleredo, A Coruña, Ribeira, Oleiros, Santa Comba, Lousame, Sada, Teo, Narón, Boiro.
Na provincia de Lugo, as unidades móbiles atoparanse en Foz, Mondoñedo, Lugo e Chantada.
Así mesmo, na provincia ourensá, o martes atoparanse en Ourense, o mércores en Montederramo, Esgos e Cortegada; o xoves en Petín, Larouco e en Ourense --Avenida Buenos Aires--; o venres na Mezquita e no Carballiño, neste último lugar tamén estarán o sábado.
Ademais, tamén se desprazarán pola provincia pontevedresa. Entre eses días as unidades móbiles estarán en Pontevedra, O Rosal, Chapela (Redondela), Agolada, Ponteareas, Oia, Lalín, Baiona e A Guarda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.