Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 17:03
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou, este xoves, a primeira convocatoria do programa DepoInnova, de compra pública de innovación, que se espera cofinanciar con fondos europeos a través do Ministerio de Ciencia e Innovación e do Perte de dixitalización do ciclo da auga do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Para a execución do proxecto empregarase maioritariamente o instrumento de compra pública de innovación, para promover así a innovación como a ferramenta crave de desenvolvemento da provincia e para a procura de solucións innovadoras aos retos aos que se enfronta.
Este seis retos definidos pola Deputación para o desenvolvemento da provincia son: a dixitalización do ciclo da auga, a xestión dos residuos e economía circular, xestión integral de infraestruturas provinciais, dixitalización da administración pública provincial, programas sociais e de emprego e, finalmente, o Museo de Pontevedra do século XXI.
A Deputación convoca un proceso de consulta preliminar ao mercado, co obxecto de coñecer o nivel de madurez e a estado da arte das potenciais solucións innovadoras que poderían incorporarse para resolver os retos que se presentan.
Carmela Silva explicou que este programa nace con espírito de continuidade e que xurdiu dun: "Gran traballo para delimitar o seis áreas que criamos que debían ter respostas innovadoras para mellorar a xestión pública". A xornada presencial deste xoves contou cunha gran asistencia con máis de 100 especialistas do "ecosistema da innovación" que encheron o Salón de Plenos do Pazo provincial.
O prazo para presentar propostas a DepoInnova continúa aberto ata o próximo 28 de setembro, e Carmela Silva animou a todas as persoas presentes, así como ás empresas, institutos tecnolóxicos, centros de investigación e universidades da provincia e de todo o Estado, a presentar as súas ideas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.