Incautados un laboratorio artesanal, 11 detidos e 13 quilos de droga no operativo entre Galicia e Portugal

A operación 'ATIÇ' arrincou o pasado marzo preto do Porto e o martes a Policía Nacional detivo a tres persoas na provincia de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A operación antidroga desenvolvida en Galicia, principalmente na comarca pontevedresa do Salnés, e Portugal sáldase desde os seus inicios, desde marzo e ata a actualidade, coa localización dun laboratorio artesanal, 13 quilos de estupefacientes e 11 detidos, segundo informou a Policía Nacional.

Esta operación chamada 'ATIÇ' ten as súas orixes a principios do mes de marzo do 2022, cando membros do Grupo II da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) de Pontevedra comezan un operativo en colaboración coa Policía Judiciaria do país veciño.

Así, naquel momento interceptaron a un individuo nas inmediacións da cidade portuguesa do Porto e localizaron, no interior do seu vehículo, 12 quilogramos de heroína. Desta forma, a investigación seguiu a súa canle a través de distintas fases nas que, membros da Udyco de Pontevedra incautaron diferentes cantidades, máis pequenas, da droga opiácea.

Esta sustancia foi intervida, segundo fontes policiais, a distribuidores das localidades do Grove (Pontevedra), Fisterra (A Coruña) e Santiago (A Coruña). Ademais disto, practicaron sete detencións máis, o que arroxa un balance total de 11 detidos ata o momento, 12 quilogramos e medio de heroína e medio quilo de cocaína.

MARTES 20 DE SETEMBRO

Chegados ao momento, na madrugada do pasado martes, un amplo operativo policial formado polo Grupo Especial de Operacións (GEO), Grupo de Operacións Especiais (GOES), Unidade de Intervención Policial (UIP), Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Medios Aéreos, Unidade de Guías Caninos e membros da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Pontevedra e Marín, levaron a cabo, nas localidades pontevedresas de Barro, Meis, Meaño, Sanxexo e Ponteareas, un total de oitos rexistros en vivendas dos investigados.

Na mesma xornada, tamén foron obxectivo de investigación os lugares onde se preparaba a sustancia estupefaciente para a súa posterior distribución, nos cales se produciron máis entradas. Nun dos inmobles, os axentes localizaron un laboratorio artesanal no que levaba a cabo o corte da heroína e tamén de cocaína. Ademais, atoparon diversos útiles de elaboración, moldes e envoltorios, así como teléfonos móbiles e diversa documentación.

Parte do material incautado na operación. POLICÍA NACIONAL
Parte do material incautado na operación. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta