Ucraína, unha reporteira galega no medio da guerra

Galicia Confidencial comeza unha serie de reportaxes sobre a guerra de Ucraína. Será a través de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.

Por Galicia Confidencial | Kharkiv, Ucraína | 27/09/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Miriam González é unha xornalista especializada en Rusia e o espazo postsoviético. Maxíster en Comunicación da Defensa e dos Conflitos Armados na Universidade Complutense de Madrid, Máster en Fenomenoloxía Terrorista pola Universidade de Granada  e Máster en Estudos Internacionais pola Universidade de Santiago de Compostela.

Nestes momentos está no Óblast de Kharkiv no que hai uns días tivo lugar unha exitosa operación do exército ucraniano que expulsou ás tropas rusas de boa parte desta rexión ocupada. Na súa primeira crónica informará sobre a situación de Izium, recentemente liberdada, e unha das cidades máis estratéxicas desta guerra tanto para rusos coma para os ucranianos.

Miriam González, reporteira galega, en Ucraína
Miriam González, reporteira galega, en Ucraína | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta