A Xunta e UVigo crean unha aplicación web para facer máis accesible a información sobre eventos culturais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

A Xunta e a Universidade de Vigo (Uvigo) colaboran no desenvolvemento da aplicación web CIMA para transformar a información sobre eventos culturais e facela máis accesible a todos os colectivos coa creación de folletos baseados en textos simples e pictogramas.

Segundo informou o Executivo autonómico, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade, en colaboración co atlanTTic do grupo GTI da UVigo, pon a disposición dos programadores culturais unha nova ferramenta que permite crear de forma rápida e en varios idiomas folletos que poidan ser lidos por lectores PDF para ser accesibles ás persoas con problemas de visión.

Para a elaboración tiveron en conta a tipografía e o tamaño da letra e o contraste de cores que faciliten a lectura. Así, os profesionais do sector terán un recurso "fácil e gratuíto" para ofrecer información relevante de maneira accesible sobre os eventos como pode ser a localización, os horarios, dispoñibilidade de escaleiras mecánicas ou camiños accesibles para cadeiras de rodas, entre outras.

Esta plataforma está dispoñible para o uso libre e gratuíto para calquera persoa ou institución a través da web do proxecto que se atopa en castelán, galego, portugués, inglés, polaco, islandés ou ucraíno, este último ten como obxectivo "facilitar o acceso da poboación desprazada polo conflito aos eventos e recursos culturais".

Presentacion da ferramenta CIMA. XUNTA
Presentacion da ferramenta CIMA. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta