Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/10/2022 | Actualizada ás 12:48
A asociación Hablamos Español iniciou procedementos administrativos en Cataluña, Galicia, Baleares e na Comunidade Valenciana para "devolver" o castelán aos espazos sanitarios públicos ante a "imposición" lingüística nestas comunidades con cooficialidade.
Segundo detallaron nun comunicado, ao comezo deste procedemento tamén van levar a cabo acciones de "presión e concienciación", así como unha rolda de contactos cos responsables de Sanidade destas comunidades autónomas.
"Propuxémonos devolver o español aos hospitais e aos centros de saúde. A exclusión do español dun ámbito tan sensible, é unha boa mostra do absurdas e fanáticas que son as políticas lingüísticas chamadas normalizadoras, hai algo máis normal que poder trasladarte polo teu país vendo a lingua oficial común en todos estes espazos?", expuxo a presidenta da asociación e impulsora de Galicia Bilingüe, a viguesa Gloria Lago.
"A eliminación do español dos espazos sanitarios sostidos con fondos públicos é case absoluta en Galicia e Cataluña, está moi estendida en Baleares e vai gañando terreo na Comunidade Valenciana", avisaron, á vez que precisaron que, por agora, se salvan Navarra e País Vaco. Aínda que nesta última preocúpanlles "os cambios lexislativos que se están xestando para implantar un sistema lingüístico na educación similar ao catalán".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.