Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 18:16
O coleccionismo de Ángela Santamarina (1863-1956), filántropa ourensá que protagonizará unha exposición na cidade das Burgas organizada pola Deputación e a Fundación Santamarina-Temes, formará parte este martes no Museo do Prado do congreso 'A visibilidade do coleccionismo privado: da Ilustración á Segunda República', a través do relatorio do catedrático de arte contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Jesús Ángel Sánchez García.
Sánchez García, que tamén está implicado na exposición que prepara a Deputación de Ourense, ofrecerá neste encontro científico a conferencia 'Retrato estético dunha coleccionista entre Arxentina e París: Ángela Santamarina Alduncín (1863-1956) e o seu legado en Ourense'.
Será, segundo as súas propias palabras, "unha presentación orientada a esclarecer, en primeiro lugar, as conexións familiares e amizades que puideron influír nos gustos artísticos e coleccionismo de Ángela Santamarina", como o dos seus irmáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.