A fundadora de Aceites Abril recibirá o Premio Executivas de Galicia 2022

María del Carmen Canal López recibirá o premio nun acto en Santiago o vindeiro 24 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/11/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

As socias de Executivas de Galicia decidiron, de forma maioritaria, recoñecer a traxectoria profesional da empresaria e fundadora de Aceites Abril, María del Carmen Canal López. Con este galardón homenaxe búscase dar visibilidade á muller na empresa, especialmente nun sector como o agroalimentario, no que resulta máis difícil para as mulleres adquirir presenza.

A empresaria e fundadora de Aceites Abril, María del Carmen Canal López
A empresaria e fundadora de Aceites Abril, María del Carmen Canal López | Fonte: remitida

O acto de entrega do galardón terá lugar o próximo 24 de novembro ás 18.30 horas no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela. Con este premio Executivas quere recoñecer o traballo, a dedicación e a constancia dunha muller que foi e é aínda a alma mater dunha empresa de referencia nacional e internacional como é Aceites Abril.

"Carmen Canal referente galega indiscutible é unha muller cunha  forza interior que lle permite remontar as dificultades persoais e mantén vivo o interese polo mundo que a rodea. Desde hai moitos anos Carmen Canle de maneira regular nas actividades de Executivas e sempre mantivo un apoio constante á organización", indica a entidade nun comunicado. 

A súa figura, xunto coa do seu marido, Manuel Pérez, impulsaron un negocio coa finalidade de levalo polo camiño do éxito, na actualidade ségueno facéndoo os seus fillos, aínda que ela segue estando presente na empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta