Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 16:21
Un pesqueiro de Malpica, o Ronsel Dous, que quedou sen goberno preto de baixos de Baldaios foi remolcado con tres tripulantes a bordo pola Salvamar Betelgeuse ata o porto da Coruña.
Segundo informou Salvamento Marítico, o pesqueiro de Malpica, de nove metros de eslora, solició axuda por VHF ao atoparse sen goberno, debido a unha avaría do motor, sobre as 10,50 horas.
O Centro de Coordinación de Salvamento da Coruña xestionou a emerxencia e mobilizou á Salvamar Betelgeuse, que trasladou ao porto da Coruña ao pesqueiro, onde chegaron sobre as 11,40 horas, segundo precisaron as fontes de Salvamento Marítimo a Europa Press.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.