Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 21:24
As facultades de Bioloxía, Física e Ciencia da Comunicación da Universidade de Santiago (USC) iniciarán un proxecto piloto de adianto no horario de peche das súas instalacións de acordo co establecido no Plan de Estratexia Enerxética da USC.
Segundo indicou a universidade nun comunicado, tras a reunión que mantiveron este mércores cos responsables das facultades, escolas e outro centro da institución, acordaron "un amplo consenso" para realizar cambios no horario ordinario, así como outras medidas.
Así, nos primeiros días de peche, a área de Infraestruturas manterá un seguimento para valorar o desenvolvemento desta experiencia piloto e porase en contacto con estes centros para implementar as medidas que xa se acordaron e facer un seguimento continuo.
Nas semanas seguintes, unha ducia de centros máis modificarán o seu horario, así pecharán, como mínimo, unha hora e media antes do seu horario habitual. Con todo, no curso 2023-2024 teñen previsto que todos os centros adapten o seu horario ás condicións de aforro enerxético.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.