Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2022 | Actualizada ás 09:54
O BNG de Santiago celebrou este xoves un magosto que serviu para lanzar a candidatura de Goretti Sanmartín á Alcaldía da capital galega e, seguindo a tradición desta festa popular, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, manifestou que "é tempo de sumar forzas e ilusións".
Pontón sinalou que Sanmartín é "a alcaldesa que Santiago necesita para recuperar todo o seu potencial". Dela, dixo que ten "a cabeza e no corazón mellorar a vida dos veciños" e "polos no centro da acción política para deseñar a Compostela do futuro coas persoas no centro e no corazón".
"Como di a tradición, o magosto é tempo de sumar forzas e ilusións para invocar a sorte no tempo novo e isto é o que está a facer o BNG: traballar por un tempo novo, por un futuro mellor para todos", subliñan os nacionalistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.