77.000 firmas para prohibir o uso de animais en desfiles do Nadal

Ourense continua este ano apostando pola contratación dunha cabalgata con dromedarios e renos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2022 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A fundación animalista Franz Weber impulsou unha petición en Change.org, que xa supera as 77.000 firmas, para eliminar o uso de animais cativos en desfiles do Nadal.

A asociación dedicada á protección da flora e a fauna, explicou que conseguiu avances dentro da lexislación como a Lei de Benestar Animal de 2017, que erradicou a explotación de animais nos circos. Agora, propuxeron unha extensión desta lei que abarque os espectáculos en vía pública.

Con todo, segundo sinalou a asociación, algunhas localidades continúan utilizando estes animais nos períodos do Nadal, como é o caso de Ourense, que este ano continua apostando pola contratación dunha cabalgata con dromedarios e renos.

Pola contra, Pontevedra foi unhas das últimas cidades en sumarse a esta iniciativa tras anunciar que prescindirá de animais durante o percorrido do Nadal para preservar o benestar animal e xerar maior conciencia cidadá. Ademais, localidades como A Coruña, Santiago ou Lugo tamén suprimiron a presenza de animais nos desfiles do Nadal.

Os tres Reis Magos subidos en dromedarios na cabalgata de Ourense
Os tres Reis Magos subidos en dromedarios na cabalgata de Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta