A Xunta destina 7 millóns de euros á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/11/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este martes que a Xunta destinará en 2023 un total de 7 millóns de euros para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que definiu como "un centro de investigación clave na comunidade e que constitúe unha referencia nacional e internacional".

Presentación do convenio de colaboración entre a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro de Supercomputación de Galicia
Presentación do convenio de colaboración entre a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro de Supercomputación de Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

Comesaña, que participou na Coruña no fallo do premio XVIII Rafael Hervada, destacou que este galardón "supón un recoñecemento a un traballo continuado ao servizo dunha mellor atención sanitaria, centrados na procura de novos coñecementos e tratamentos".

Así, o premio recaeu sobre o traballo 'Inmunoterapia adoptiva con linfocitos T dirixidos contra o antízeno CD1a', realizado polo equipo do doutor Pablo Menéndez do Instituto de Investigación contra a Leucemia José Carreras.

Durante a súa intervención, Comesaña lembrou que a Xunta prevé aumentar en máis dun 9% a partida para a investigación de sanitaria nos orzamentos de 2023, cun total de 5,7 millóns de euros.

Así mesmo, resaltou a integración do tres institutos de investigación sanitaria no sector público autonómico en 2023, que "sentará as bases para reter e atraer persoal investigador á comunidade". Tamén explicou que se creará un estatuto para investigadores de todos os centros públicos autonómicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta