O perigo das maiorías absolutas

O sistema electoral adoptou a fórmula da proporcionalidade que, non por acaso, resultou ser a menos proporcional de todas: a regra D’Hondt, que permite unha moi importante corrección a prol das candidaturas máis votadas, de xeito que votacións do 43 ou 44 por cento, que en termos de censo resultaron andar polo 26%, permitíronlle no 2011-por exemplo- ao PP desfrutar a maioría absoluta municipal acadada na Coruña ou en Compostela. Se a isto lle engadimos a obrigatoriedade de que as candidaturas acaden un mínimo do 5% dos votos para obter representación no Congreso, no noso Parlamento e nos concellos, teremos un mapa aproximado das moi restritivas condicións que as leis impuxeronlle á proporcionalidade enunciada teoricamente na Constutución e no noso Estatuto.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 16/11/2014

Comparte esta noticia
Non se trata de que as regras do xogo beneficien ao PP, ao PSOE ou au sursum corda. Trátase de recuperarmos a proporcionalidade. Por qué non apostamos por reflectir unha representación real da sociedade, de xeito que un 3% ou un 12 % dos votos se poida traducir en porcentaxes aproximadas de representación?
 
 Fica a cuestión dos gobernos. Na Europa o normal son os gobernos de coalición e non os de maioría absoluta, porque as sociedades son plurais e as maiorías absolutas haberían ser puramente episódicas. Xa que logo, o normal será que os partidos dialoguen dende o veredicto da cidadanía e acaden acordos que xunten unha maioría da representación que faga posíbeis gobernos estábeis.
 
   Claro que, quizais, habería comezar prantexarse se todas as forzas que acaden representación teñen que entrar nos Gobernos, malia que non se dea unha maioría absoluta a prol dunha única opción. Ao mellor as forzas emerxentes poderían reservarse na oposición sen prexudicar as súas opcións de remuda futura da gobernanza. Mais isto haberíao decidir cada opción en cadanseu momento.
 
A ARRINCADEIRA.-COMPROMISO rexeita participar nas Deputacións. Os galeguistas de COMPROMISO acordaron este domingo no seu Congreso non participar nas Deputacións, por ser organismos inútiles e lesivos para a Facenda de todos e para a boa gobernanza deste País. Se hai consenso político nalgún asunto na Galicia  é na nocividade destes entes desbaldadoras do carto público pola súa xestión caciquil e ineficiente. Que mesmo poderían caer nunha próxima reforma constitucional.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.