Na procura da dignificación e futuro da profesión de modista

O Museo do Pobo galego acollerá a o I Congreso de modistas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O Museo do Pobo Galego acolle este martes o I Congreso de modistas de Galicia que nace da necesidade de poñer en valor o sector da modistería galega e de buscar puntos de reactivación deste "xa que foi píar da industria téxtil galega e motor económico para a economía de subsistencia de moitas familias galegas".

Toña Modista, modista
Toña Modista, modista | Fonte: Artesanía de Galicia

Nesta primeira edición do congreso de modistas de Galicia participarán modistas e espcialistas nesta área como Concepción Losada, Encarna Otero, Luisa Pereiro, Ana Prados, Elena Fabeiro, Beatriz Montesinos e Mercedes Queixas.

As aportacións e achegas deste primeiro congreso de modistas de Galicia materializanse nunha memoria que será dirixida aos organimos e institucións públicas competentes. En concreto, e como punto de partida, elevarase á RAG a petición de revisións de termos como modisto e modista, solicitarase a inclusión da profesión no selo Galicia Calidade e cursarase a petición de que xa na vindeira celebración do 8 de marzo non deixe de informarse a cerca do papel transcendetal que desenvolveron as mulleres do sector téxtil na orixe e razón de ser desta efeméride.

"Esta é o noso principal desexo nun momento en que a modistería tradicional corre, máis ca nunca, o risco de ser esquecida", indican as organizadoras nun comunicado. "A globalización pode ás veces compartarse como un xigante aplastante, pero as profesionais do sector, unidas en número e forza, teñen nas súas mans a capacidade e a oportunidade de levantar a profesión e superar así, o que pode semellar, de primeiras, insalvable", engaden.

O congreso rematará coa concesión do premio María Miramontes a Don Ismael López, que ata hai ben pouco, e na compaña de Sol Lavandeira, a súa dona, tamén aquí presente, rexentou a histórica xastrería Pepecillo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta