A zona arqueolóxica de Adro Vello, no Grove, declarada Ben de Interese Cultural

A decisión fundaméntase no seu interese científico e cultural e na súa importancia histórica e arqueolóxica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou o decreto de declaración como ben de interese cultural (BIC) na categoría de zona arqueolóxica de Adro Vello. Isto supón a aplicación do réxime de tutela da lei do patrimonio cultural de Galicia e o maior nivel de protección deste xacemento arqueolóxico do concello do Grove.

O Goberno galego finaliza así o procedemento que iniciou en 2021 para declarar BIC esta zona situada no bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente do Mar. A decisión fundaméntase no seu interese científico e cultural e na súa importancia histórica e arqueolóxica, que o configuran como un dos bens arqueolóxicos sobresalientes da comunidade.

BOLSAS

Por outra banda, o Consello aprobou este xoves a resolución en que se establecen as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria de dúas bolsas de formación práctica.

En concreto, son dúas bolsas de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística e a súa convocatoria para os anos 2023 e 2025.

Adro Lanuxe - Faro de Vigo
Adro Lanuxe - Faro de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta