Denuncian á Xunta por prevaricación e falsidade en documento público por autorizar verteduras da mina de San Finx

Ecoloxistas en Acción denuncia que a autorización concedida é resultado dunha trama de favores coa empresa Sacyr na que estarían implicados o ex-presidente Alberto Núñez Feijóo e outros altos cargos da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/02/2023 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A organización Ecoloxistas en Acción sinalan que este este mércores 1 de febreiro a Directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López, resolveu autorizar a vertedura de millóns de metros cúbicos de augas contaminadas da mina de San Finx, en Lousame.

Muro contención balsa San Finx
Muro contención balsa San Finx | Fonte: Contraminacción

As verteduras realizaranse ao cauce fluvial contiguo á mina, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A resolución ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva máis de sete anos en trámite.

Á vista da situación, Ecoloxistas en Acción anuncia que presentará de xeito inmediato denuncia penal nos Xulgados de Santiago contra os responsábeis pola instrucción do procedemento de vertidos, ao considerar que existen indicios suficientes de varios delitos de prevaricación, malversación e falsedade en documento público. Interporán ademais solicitude de medidas cautelares para evitar que o vertido se poida levar a cabo, unha vez que este podería ter un grave impacto ambiental se chegar a realizarse.

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido outorgada hoxe busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro de 2021 asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertedura, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Ante as irregularidades e deficiencias técnicas do proxecto de vertidos e o feito de que a propia mina carece de avaliación de impacto ambiental, Ecoloxistas en Acción cualifica a decisión desta semana como un “favorazo”, que atribúen directamente ao anterior presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, así como ao actual presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, aos que tamén fai referencia a denuncia penal.

Segundo os Ecoloxistas, o carácter delictivo dos feitos non pasará desapercibido ao Xulgado, pois o cúmulo de falsedades e vicios do procecemento de vertidos só podían ter levado á denegación e arquivo da solicitude, evidenciando unha complicidade sen precedentes da Administración co entramado político e empresarial do Grupo Sacyr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta