Podemos e o noso benestar

Partillo con Podemos en que non existe, na nosa Galicia, un problema social máis grave ca garantirlle vivenda digna aos despexados ou subministración eléctrica abonda á cidadanía que evite a pobreza enerxética. Sen dúbida son os problemas da exclusión social os prioritarios. Mais…

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 29/12/2014

Comparte esta noticia
Mais a garantía do benestar para a cidadanía galega non depende só da grande mutación institucional e  política que propón Podemos. Tamén depende en grande medida da saúde da nos economía. A queda das erndas agrarias, a crise do naval, a imposición dunha tarifa enerxética discriminatoria para os nosos consumidores e industrias malia aturar  os custos ambientais de producir a electricidade…xeran subemprego, desemprego, pobreza. A desindustrialización de Galicia xera pobreza e exclusión social.
 
Entón, ten razón Anxo Quintana cando expón, nesa xeira de palestras que está a desenvolver ao longo e largo do País, que Pablo Iglesias de Presidente do Goberno do Estado non garantiría o pulo da nosa economía e do noso benestar. Porque os alicerces da economía galega (lácteo, naval, pesca e acuicultura, enerxía, forestal e madeira…) non son os alicerces da economía española. O que é estratéxico para Galicia é prescindíbel para España. Xa q ue logo, por moi boa intención que puxer Pablo Iglesias (na que acredito) non poderá desenvolver políticas que beneficien a economía galega, tendo en conta que somos o 5% PIB e o 6% da poboación, sen tensións cos operadores económicos dos sectores que nsi son cruciais para a economía española. E aí contamos pouco. Precisamos da forza da nosa identidade, da nosa diferenza.
 
Velaí que a experiencia de Podemos sexa tan prometedora para outros territorios e mesmo para un mellor encaixe de Galicia no Estado. Porque por primeira vez o galeguismo político pode ter un interlocutor razoábel no Estado. Un interlocutor que recoñece a plurinacionalidade española e está disposto a un proceso constituínte.
 
Mentres, na Galicia seguimos precisando dun relato de noso que xunga o rexeneracionismo social e institucional cun proxecto de País que serva ao progreso da nosa economía para garantirmos o benestar da cidadanía galega. E ese relato só pode vir fornecido dende o galeguismo político, dende unha opción xenuinamente nacional que constrúa dende a inclusión, a cohesión social e a transparencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.