Hospitalizadas 8 persoas en Meis polo mal funcionamento dunha caldeira

O incidente tivo lugar na noite deste luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os servizos de Urxencias Sanitarias tiveron que evacuar a 8 persoas a centros hospitalarios con síntomas de intoxicación debido ao mal funcionamento dunha caldeira no municipio de Meis.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, sobre as 20,30 horas deste domingo, os servizos sanitarios informaron sobre varias persoas afectadas nunha vivenda do lugar do Mosteiro, en Nogueira, municipio de Meis, debido á mala combustión dunha caldeira. Así, catro persoas foron evacuadas ao Hospital Provincial de Pontevedra e outro catro foron trasladadas ao Hospital Montecelo.

O 112 deu aviso aos bombeiros de Ribadumia, así como a Garda Civil e aos técnicos da empresa subministradora. Unha vez evacuados os afectados, os bombeiros realizaron as medicións pertinentes, que deron resultado negativo; mentres que os técnicos da empresa subministradora procederon a reparar a avaría.

Un quentador dunha caldeira de gas
Un quentador dunha caldeira de gas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta