Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/02/2023 | Actualizada ás 18:24
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reivindicou nun almorzo informativo da Asociación de Construtores de Pontevedra, "os investimentos potentes, planificadas e coherentes da Xunta tanto en atención primaria como en hospitalaria nesta provincia".
O conselleiro reiterou que os orzamentos da sanidade pública galega para este ano son "os maiores da historia" en xeral e no capítulo de persoal e "tamén o son no que respecta de investimentos".
Así, lembrou que a provincia de Pontevedra hai varias obras xa iniciadas, entre as que o conselleiro destacou o Novo Montecelo, cunha primeira fase de máis de 130 millóns, para a que se reserva nas contas de 2023 unha partida de 64 millóns.
No que respecta a Vigo, indicou que tamén hai obras hospitalarias moi importantes, estando a piques de adxudicarse, por 1,3 millóns, a instalación no Álvaro Cunqueiro da segunda unidade de hospitalización de saúde mental infanto xuvenil con ingreso de Galicia. Ademais, están xa iniciadas as obras da nova unidade de enfermidades raras e da unidade de necropsias de anatomía patolóxica.
Comesaña tamén salientou as obras no Hospital do Salnés, no que agora mesmo se está terminando a nova central de esterilización que, entre obra e equipos, suporá un investimento de 1,3 millóns de euros.
ATENCIÓN PRIMARIA
No que respecta á atención primaria, Comesaña destacou o Centro Integral de Saúde de Lalín, cun investimento de máis de 10 millóns de euros, cuxas obras xa están "moi avanzadas", así como a ampliación do centro de saúde do Porriño, cun orzamento de 4,3 millóns.
Tamén sinalou que xa está adxudicada, por 14,3 millóns, a obra do CIS Olimpia Valencia. A segunda obra a piques de empezar é o novo centro de saúde de Moaña, que suporá un investimento de 7 millóns.
Con respecto aos proxectos en trámite, o conselleiro lembrou que, en outubro de 2021, a Xunta aprobou un Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, no que están definidas as prioridades para obras en centros de saúde.
Por mor deste plan, a Xunta remitiu a todos os concellos cuxo centro de saúde entraba no mesmo, unha carta pedindo unha parcela para poder construír a infraestrutura. A resposta de determinados concellos, precisou, permitiu a firma de convenios ao longo de 2022 para a construción de novos centros de saúde en Soutomaior, Meis ou Barro, así como dun protocolo que permitirá a ampliación do centro de saúde de Moaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.