Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 13:59
Afundación, a Obra Social de Abanca, inicia un novo trimestre do seu programa 'Plantando árbores con pinceis', para o que están anotados 29 centros de toda Galicia, coa participación de máis de 3.000 persoas, entre alumnado e profesorado.
Segundo informa, nesta iniciativa o alumnado aprende "que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro".
"Unha innovadora proposta que ten como obxectivo achegar ao estudiantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propondo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa", engade.
O proxecto consiste en coordinar ao estudiantado participante para pintar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas coa reforestación, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.