Medra a demanda de formación sobre acoso escolar e violencia de xénero nos centros escolares

35.000 membros da comunidade educativa participaron nas actividades, un 45% máis que o curso pasado

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/02/2023 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

A demanda de formación sobre acoso escolar e violencia de xénero creceu nos centros escolares galegos, segundo sinala a Delegación do Goberno en Galicia en relación aos datos extraídos do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.

Do mesmo, sinala que cumpre 15 anos de vixencia en Galicia coas mellores cifras de participación no arranque dun curso académico, cun incremento do 45% no número de usuarios.

Así o ratificou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na reunión da comisión autonómica celebrada este xoves para facer balance da xestión deste programa no primeiro trimestre do curso 2022-2023 na comunidade galega.

Rivas subliñou que este programa operativo, desenvolvido en coordinación coa Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), conseguiu que a seguridade se incorporase como "unha materia máis" á formación integral que se imparte nos centros educativos galegos.

PARTICIPACIÓN

No primeiro trimestre deste curso, 35.000 persoas membros da comunidade educativa de Galicia participaron nas actividades dirixidas polos equipos de Garda Civil e Policía Nacional. Estas cifras supoñen un incremento do 45% respecto ao curso pasado.

A subdelegada do Goberno detallou que nos primeiros meses deste curso, o plan director realizou 1.250 charlas e formacións en 638 centros educativos de toda Galicia. "Neste primeiro trimestre, un de cada dous centros educativos de Galicia formalizou as solicitudes para recibir formación preventiva por parte de Policía Nacional e Garda Civil", sinalou.

TEMÁTICAS SOLICITADAS

Respecto das temáticas solicitadas, no primeiro trimestre detectouse unha maior diversificación das peticións e por primeira vez nos últimos anos, descenderon as actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

Pola contra, aumentaron as actividades de formación fronte ao acoso escolar, que protagonizou máis de 300 actividades formativas, un 15% máis que no primeiro trimestre do curso pasado. Subiron tamén, nun 10%, as actividades de sensibilización para previr e actuar contra a violencia de xénero.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha reunión para facer balance do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha reunión para facer balance do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta