Pili Pampín, protagonista nunhas 'Xornadas de Convivencia Feminista' en San Xoán de Río

A coñecida artista galega terá unha presenza moi especial o vindeiro sábado 11 de marzo, día no que ofrecerá unha charla e compartirá xantar coa veciñanza de San Xoán de Río.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/03/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Concello de San Xoán de Río prepárase para a celebración do 8M centrando as actividades no día 11 de marzo, data na que chegará á localidade ourensá a galega Pili Pampín para compartir unha xornada de convivencia coa veciñanza. 

Pili Pampín. Foto cedida por ela.
Pili Pampín. Foto cedida por ela.

O programa para ese día comezará cun recibimento moi especial para a convidada coa participación de varias mulleres da localidade. Desenvolverán unha coreografía monotonía, D’Ariya, coreografía Pink Venom ás 12:00 h.

A continuación, ás 12:30 h., Pili Pampín ofrecerá unha charla na que se abordarán detalles da súa vivencia en perspectiva feminina: como viviu de nova o feminismo, como foi o seu camiño profesional ata a actualidade, como chegaron os éxitos, cal é seu punto de vista sobre a situación actual da muller… "Unha charla que non pretende ser só unidireccional, se non que derivará cara un coloquio no que intervirá o público con preguntas e/ou contando as súas propias experiencias", explica o Alcalde Xosé Miguel Pérez Blecua.

Rematado este encontro previo coa convidada haberá un xantar no que se compartirá mesa con ela, xantar para o que cómpre anotarse previamente. Dende o concello pregan inscribirse antes do 8 de marzo a través do teléfono 988 346002, do whatsapp 630156803, ou a través do correo electrónico concello@concellosanxoanderio.com 

Despois da comida, sobre as 16:00 h. amenizará a sesión de tarde a disco móbil DJ Rafa, de Radio Monforte. Música escollida para rematar a xornada como nos bailes de antes e como detalle haberá tamén unha pequena intervención da propia Pili Pampín que cantará algúns dos seus grandes éxitos.

A iniciativa desta actividade de convivencia feminista parte do Concello de San Xoán de Río e colaboran no desenvolvemento da mesma o Centro de Información á Muller da Pobra de Trives e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta