Así funcionan as novas rutas da droga en Galicia: descargas en alta mar e narcosubmarinos

Os clans galegos da droga evolucionaron os métodos de transporte dos estupefacientes nos últimos anos, así como as rutas de distribución. Portugal é, agora, unha base vital para as descargas e Colombia o principal suministrador.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia segue sendo un punto importante de entrada da droga de América en Europa. Os clans de droga tamén evolucionan ao tempo que se incrementan os sistemas de detección e loita contra os estupefacientes. A aparición dun novo narcosubmarino en augas galegas demostra xa que hai unha importante infraestrutura para o transporte da droga. É o segundo que se atopa afundido en Galicia pero non son os únicos que cruza o Atlántico. 

Desarticulada unha organización criminal que importaba cocaína por vía marítima desde Sudamérica.. GARDA CIVIL
Desarticulada unha organización criminal que importaba cocaína por vía marítima desde Sudamérica.. GARDA CIVIL

Fontes policiais cren que varios destes sumerxibles puideron ser xa utilizados para o transporte de droga desde o continente americano. De feito, a Policía colombiana ten detectado dez destes aparellos nos últimos cinco anos. Con todo, os narcosubmarinos seguen sendo minoritarios no transporte de cocaína cara a Galicia.

As redes criminais galegas diversificaron agora os envíos e a loxística. Dominan redes de distribución en Galicia, pero tamén en Portugal e Cabo Verde. Especialistas da ONU afirman que os clans galegos da droga "manteñen lazos de longa duración" con grupos colombianos para operaren as rutas de tráfico de cocaína, cos narcotraficantes que recollen a droga de navíos que se atopan en alta mar na zona das Azores ou Cabo Verde para levala para terra en veleiros ou barcos de pesca.

A IMPORTANCIA LOXÍSTICA DE PORTUGAL

 

Ademais, grupos de narcotraficantes galegos "son tamén activos na redistribución", por terra, de droga para Portugal e España. De feito, O Informe Global sobre Cocaína 2023 da ONU destaca que redes criminais galegas dominan o tráfico de cocaína en Portugal e que gran parte da droga transportada no país luso vai a Galicia para a súa distribución na península e en Europa. Para iso, utilizan as praias do Norte de Portugal para a descarrega da mercadoría.

Buque intervido con case tres toneladas de droga fronte ás costas galegas.. AXENCIA TRIBUTARIA
Buque intervido con case tres toneladas de droga fronte ás costas galegas.. AXENCIA TRIBUTARIA

 

A Axencia das Nacións Unidas para as Drogas e o Crime lembra que en 2020 foron aprehendidos 400 quilos de cocaína no distrito de Viana do Castelo, fronteirizo co Baixo Miño, tornándoo no quinto distrito de Portugal continental con máis aprehensións desta droga.

 

As galegas, con todo, non son as únicas organizacións criminais estranxeiras que operan no país luso.  A ONU identificou, aínda, a presenza de elementos doutros grupos internacionais  do crime en Portugal, incluíndo a italiana Ndrangheta, a brasileira Primeiro Comando da Capital (PCC) e o grupo de moteiro Hell Angel's (Anxos do Inferno) e Los Bandidos.

 

AS PRINCIPAIS VÍAS  DE ENTRADA DA COCAÍNA NA UE

Especialistas da ONU, consultados polo Jornal de Notícias (JN) afirman que a cocaína entre na Europa por dúas vías. A principal utiliza o Mar do Norte para alcanzar países como a Bélxica, Países Baixos e Alemaña, mentres outra ten como destino a Península Ibérica. De acordo co mesmo xornal, a esta última é unha das maiores portas de entrada de cocaína transportada polos mercados da Europa Occidental e Central.

De acordo co JN, en entrevista coa ONU, un procurador da República Portuguesa confirmou que é común a escolla de intermediarios portugueses polos grupos de tráfico galegos e que, maioritariamente, estes son "empresarios con negocios de importación, que aceptan recibir a cocaína en Portugal, oculta en produtos legais".

O documento refire que "algunha da actividade de tráfico" de cocaína en Portugal "parece ser xestionada por grupos acollidos en España", nomeadamente de Galicia. Parte da cocaína con destino á Galicia é encamiñada para o norte de Portugal, descarregada á noite nunha praia, seguindo despois por estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta