Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2023 | Actualizada ás 17:59
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao informou de que tramita a construción da que sería a primeira hidrolinera do porto de Ferrol. Segundo explica nun comunicado, trátase dunha das actuacións incluídas no proxecto que pretende converter a dársena ferrolá en "o faro da enerxía verde" do sistema portuario español e no que participan as compañías promotoras desta instalación, Quantum DPI Group e Univergy Renovables Hidróxeno.
Neste contexto, as empresas presentaron na APFSC o primeiro dos seus proxectos: Hidróxeno Porto de Ferrol S.L. Este proxecto consiste na construción dunha estación de servizo pública para o dispensado de hidróxeno renovable.
Nesta primeira fase, a instalación contaría con dúas partes. Por unha banda, o punto de dispensado de hidróxeno verde a 350 bar para mobilidade terrestre que será de acceso público e estaría situado na rotonda de entrada ao porto interior. A hidrolineira terá a aparencia e os accesos propios dunha estación de servizo.
Doutra banda, o proxecto inclúe tamén a construción dunha planta de recepción e almacenamento que se situaría dentro da parcela portuaria. A instalación constará dun almacenamento móbil, un compresor e un almacenamento en fervenza cun sistema de distribución que xestionará a saída do hidróxeno cara ao dispensador de forma continua e sen saltos de presión, algo necesario para a subministración aos vehículos.
A estación de servizo terá unha capacidade de 288 Kg/día e permitirá encher 27 quilos cada 2,25 horas (unhas 10 reposicións ao día de 27 kg cada un) ou 3 reposicións seguidas cada 7 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.