Cantos soldos ten que destinar un galego para pagar unha hipoteca?

"O prezo de compra alcanzou a subida máis elevada non só do último ano, senón de toda a serie histórica" indica a directora de Estudos e portavoz de Fotocasa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/04/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O galego medio ten que dedicar integramente o soldo bruto de 6,1 anos (73 meses) ao pago da hipoteca da súa vivenda comprada en 2022, dous meses máis que o ano anterior, segundo os datos do estudo 'Relación de salarios e a compra de vivenda en 2022', publicado este martes por Fotocasa, cos datos dos soldos medios das ofertas de emprego da plataforma InfoJobs.

Compravenda dunha hipoteca
Compravenda dunha hipoteca | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

"Estamos ante o maior esforzo salarial que os cidadáns realizaron para facer fronte ao pago da súa vivenda, desde que o índice Inmobiliario Fotocasa ten rexistros", indicou a directora de Estudos e portavoz de Fotocasa, María Matogueiras. Según ela isto débese ao cambio na política monetaria, as subidas de tipos de interese, e o desequilibrio entre oferta e demanda.

O prezo medio da vivenda en venda en Galicia pechou 2022 en 1.676 euros por metro cadrado, un 2,9% máis, mentres que o salario bruto medio dese ano foi de 22.087 euros, 1.841 euros brutos mensuais en 12 pagas.

DATOS ESTATAIS

En 2022, o tempo de pago dunha hipoteca incrementouse en 13 comunidades autónomas, e só se reduciu en Cantabria, de 6,5 anos en 2021 a 6,3 anos en 2022, Castela e León, de 5,2 anos en 2021 a 5,1 ano en 2022, e Castela-A Mancha, de 4 anos en 2021 a 3,9 anos en 2022. Asturias, con 5,3 anos, é a única que non varía o tempo de pago respecto de 2021, segundo o estudo de InfoJobs e Fotocasa.

Entre as comunidades autónomas que máis tempo destinaron ao pago da hipoteca dunha vivenda en 2022 sitúanse Baleares e Madrid, onde se tardan máis de 10 anos en pagala. En concreto, necesitan 11,3 anos (136 meses) e 10,4 anos (125 meses), respectivamente, para liquidar o pago das súas vivendas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta