Critican o atraso da obra en homenaxe aos máis de mil mortos polo franquismo en Ferrolterra

Organizan en Ferrol un acto de homenaxe ás vítimas da sublevación franquista e da ditadura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Comisión promemoria das vítimas do franquismo en Ferroterra, Eume e Ortegal prevé organizar, no Teatro Jofre de Ferrol, o día 28 abril, unha homenaxe ás vítimas da subvención militar franquista e dos 40 anos de ditadura en Ferrolterra.

Esta homenaxe, que se desenvolverá desde as 19,00 horas, pretende homenaxear "a quen foi executado por defender a liberdade, a democracia e tamén como un resarcimento aos familiares que sufriron a perdida de seres queridos, ademais de ser estigmatizados polo réxime fascista".

Así o explicou Ton Branco, quen exerceu de portavoz desta comisión, durante a súa presentación este luns no Concello de Ferrol, onde se deu cita varios integrantes desta comisión. Ademas, para divulgar este acto, presentaron un cartel, cuxas entradas para asistir, gratuítas, estarán dispoñibles no Teatro Jofre a partir do mércores, día 19.

Polo momento non está pechado o programa, aínda que se se procederá á estrea dun documental sobre os asasinatos en Ferrol, "elaborado polo afamado documentalista Carlos Quirós, para divulgar neste acto".

MONUMENTO

Por outra banda, Ton Branco mostrou "a nosa indignación coas continuas demoras e adiamentos na construción da base que soportará o monumento", en alusión ao monumento que se vai a instalar no barrio de Canido para lembrar as case 1.000 vítimas desta zona.

"Algo para nós incomprensible, se temos en conta que a moción se aprobou o 29 de xullo do ano 2021", esgrimiu, antes de indicar que se trata de "tempo máis que suficiente para telo inaugurado, xa que conta coa aprobación de todos os requisitos municipais". "Esperamos que a súa inauguración se faga de forma inminente", apostilou.

Presentación da homenaxe ás vítimas da sublevación franquista
Presentación da homenaxe ás vítimas da sublevación franquista | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta