Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/04/2023 | Actualizada ás 10:11
Axentes do Equipo contra o Crime Organizado (ECO) da Garda Civil, baixo a dirección da Audiencia Nacional, desenvolveron este mércores un operativo contra o tráfico de drogas e o branqueo de capitais en distintos puntos a provincia de Pontevedra e Lugo, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.
En concreto, trátase dunha operación contra unha organización criminal asentada en Galicia que deixa un balance de nove detidos e 15 rexistros nas localidades pontevedresas de Tui, Ponteareas, O Porriño, Vigo, Vilagarcía e Vilanova, así como en Viveiro (Lugo).
As dilixencias de actuación foron declaradas secretas polo Xulgado Central número 6 da Audiencia Nacional, segundo engaden as mesmas fontes. No caso de Vilagarcía de Arousa, os axentes inspeccionaron durante varias horas esta mañá unha vivenda na parroquia de Rubiáns, onde recolleron evidencias tanto na casa como na leira, en presenza de polo menos dous detidos.
BESTEIRO
O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a operación contra o tráfico de drogas que se está realizado na mañá deste mércores en varias localidades da provincia de Pontevedra, "é unha integración concertada en varias partes do territorio nacional". En declaracións aos medios de comunicación, confirmou desta maneira que tamén se está levando a cabo noutras provincias.
"A medida que vaian saíndo novidades, iremos informando desde a Delegación de Goberno, de forma pronta e rápida, como sempre", detallou tras ser interpelado na mañá deste mércores en Ferrol, durante unha visita co alcalde desta cidade, Ángel Mato (PSOE), ao antigo cuartel Sánchez Aguilera.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.