Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2023 | Actualizada ás 12:53
O sector tecnolóxico de Galicia creou o pasado ano 1.063 postos de traballo, un 5,1% máis que o pasado ano ata alcanzar os 21.800 empregados, segundo destacou a Xunta este sábado. As cifras trasladadas polo Goberno autonómico nun comunicado sinala que o sector vinculado ás tecnoloxías suma 3.000 empresas, o que representa o 4,5% do total do Estado.
O informe 'Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2022' tamén sinala que o valor engadido bruto do sector é de 1.740 millóns de euros, o 2,97% do PIB total de Galicia. En canto a actividades, o 40% das empresas TIC levou a cabo tarefas de I+D+i no período 2019-2021, case un 33% máis que no anterior período analizado. Destas, o 76% obtivo "resultados comercializables".
O documento recolle que en 2022 o 34,8 % das empresas tecnolóxicas galegas impartiu formación en tecnoloxías da información e comunicación aos seus persoais, especialmente nas áreas de ciberseguridade e programación.
USO TECNOLOXÍAS
Así, case un terzo das empresas galegas empregaron o pasado ano a intelixencia artificial, cuxo uso se incrementou un 30% respecto de 2021. Con todo, a Internet das Cousas segue estando á cabeza entre as tecnoloxías disruptivas máis usadas (36,5%), seguida polo 'Big data' (31,9%), o Business Intelligence (29,9%) e os Chatbots (32,2%).
CONECTIVIDADE
O 72,6% das compañías ten contratada fibra óptima mentres que o 83,4% dispón dunha velocidade de conexión igual ou superior a 100 mbps. Así mesmo, o 74,9 % das empresas TIC fixeron compras de bens ou servizos na rede en 2022, mentres que o 26,9 % vende a través da rede.
25% SUFRIU CIBERATAQUES
Doutra banda, unha de cada catro empresas galegas dedicadas ao TIC recoñece sufrir ciberataques en 2022. Os intentos de estafa e os ataques de virus foron os incidentes máis frecuentes entre as empresas que tiveron problemas coa ciberseguridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.