Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2023 | Actualizada ás 23:33
O PPdeG logrou un total de seis edís nos Blancos, municipio ourensán no que subiu un edil fronte aos resultados de 2019, cando conseguiron cinco concelleiros. Desta maneira, co 100 por cen escrutado, segundo os datos provisionais do Ministerio do Interior, o PSOE, que tiña dous, perdeu un representante na corporación local.
Dáse a circunstancia de que o número tres da lista do PP nesta localidade, José Manuel Barreiro Jardón, aínda ten pendente unha pena accesoria tras ser condenado a 20 meses de prisión e tres anos de imposibilidade de achegarse a menos de 200 metros da súa vítima, o seu pai, por un delito de violencia doméstica.
Os populares ourensáns aseguraron, cando transcendeu a información por mor dunha denuncia do PSOE, que apartarían a esta persoa do goberno local, tras non lograr que pola súa propia vontade deixase a lista xa proclamada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.