As ONGD poderán solicitar dende o xoves as axudas para o desenvolvemento e a cidadanía global

A convocatoria que conta cun importe de 600.000 euros ata 2024.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/06/2023 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

A partir deste xoves poderán solicitarse as axudas da Xunta destinadas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD). A convocatoria que conta cun importe de 600.000 euros ata 2024. Así, a dotación distribúese entre os 240.000 euros deste 2023, que supoñen un 40% do total, e 360.000 euros previstos para o próximo ano.

As actividades a financiar deben formar parte da educación para o desenvolvemento desde catro perspectivas: a sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza; a formación sobre o desenvolvemento e a súa difusión nos ámbitos educativos; a investigación neste ámbito, así como a incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na sociedade.

Así, as entidades beneficiarias son as ONGD e agrupacións lideradas por ONGD cos axentes de cooperación como universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos, comunidades galegas no exterior, e outros axentes sociais que teñan entre os seus obxectivos realizar actividades de cooperación para o desenvolvemento.

IMPORTE E SOLICITUDE

A Xunta indicou, que o importe máximo para proxectos individuais que se realicen no 2023 será de 25.000 euros e de 35.000 euros se son iniciativas individuais plurianuais. No caso dos proxectos plurianuais presentados por varias entidades en agrupación a contía da axuda poderán conseguir os 45.000 euros, se son programas plurianuais, e de 35.000 euros, se son anuais.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente de forma telemática mediante o formulario que se atopa na sede electrónica da Xunta, no prazo dun mes desde este xoves.

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta