Rocky, o can número 300 adoptado no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra superou as 300 adopcións, a 5 de xuño deste ano. A cifra foi superada coa adopción de 'Rock', un cachorro rescatado en maio despois de ser abandonado nun monte de Marín xunto con outras dúas femias da mesma camada, segundo informou a través dun comunicado a Deputación pontevedresa.

Ademais, xunto a el, xa son 306 os cans que atoparon un novo fogar desde as instalacións de Armenteira (Pontevedra) desde o 1 de xaneiro, o que supón unha media de case dous animais por día.

As 306 adopcións logradas desde xaneiro foron formalizadas en Galicia (265), e o resto en Castela e León e Asturias (14), Castela-A Mancha (6), Cataluña (4), Madrid (2) e Estremadura (1). Na actualidade, hai 52 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións.

Unha imaxe de 'Rocky', o can número 300 en saír do centro no que vai de 2023. El é o que aparece á dereita na fotografía. RAFA ESTEVEZ
Unha imaxe de 'Rocky', o can número 300 en saír do centro no que vai de 2023. El é o que aparece á dereita na fotografía. RAFA ESTEVEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben pero seica estamos a esquecer o que verdadeiramente é importante ! O dereito á vida dos Humanes, erradicar o abandono e promover as adopcións. Somos seres que sentimos o abandono, sofrimos a dor, e precisamos de coidados... Os Humanes tamén somos animais ! https://twitter.com/contradiscurso/...