O BNG realizou as asembleas locais e esta fin de semana realizar unha asemblea xeral onde se propuxeron nomes para as candidaturas a deputados e senadores. O que está seguro e conta co máximo de apoios é Néstor Rego. Para algúns analistas parlamentarios foi o deputado máis activo do Congreso que puxo a Galiza na axenda estatal do goberno. Rego ten unha longa experiencia militante e un fluído discurso nacionalista.
Ás veces non se necesitan moitos representantes no parlamento cando a maioría faltan ou están noutros “negocios”. Recordo o gran papel que xogou no Parlamento de Deputados o comunista canario Fernando Sagaseta, en representación de Unión do Pobo Canario. Un só deputado cara a máis traballo parlamentar que os masivos bloques dos partido tradicionais do sistema. Moito me fai lembrar agora a Néstor Rego, con aquel valente comunista canario.. Os tempos foron cambiando e os aspectos burocráticos do Congreso requiren máis representación, para poder abordar os numerosos casos a debater.
O Parlamento é un instrumento máis de loita política é unha continuación da loita de clases, pero tamén se converte nunha trampa. As masas depositan a súa confianza nos representantes da burguesía, mentres os movementos sociais o movemento sindical desarticúlase, se desmoviliza, perdendo o poder de presión efectiva nas rúas. Esto mesmo pásoulle a Podemos, logrou un grupo importante de deputados, abandonou as estruturas de base e introduciuse na maraña burocrática do parlamento. Na historia da humanidade, o poder central está na unidade e mobilización dos sectores excluídos da sociedade. O exemplo máis patético do abandono da loita reivindicativa son os dous sindicatos UXT e CCOO que foron referentes das necesidades do os traballadores e o pobo. Hoxe son organizacións reformistas ao servizo do sistema e do goberno de quenda.
A esquerda estatal fai moitos anos que perdeu o compás, Convertéronse en avalistas das democracias liberais, abandonando a idea dunha sociedade superadora do capitalismo salvaxe.
A esquerda está a pasar unha etapa crítica. En Europa avanzando o fascismo e en América latina con gobernos progresistas, convivindo con políticas neoliberais. Urxe un gran debate sobre cal é a esquerda que se necesita e como debe actuar. A pensadora arxentina Cubana Isabel Rauber neste sentido sinalou: “Un mundo mellor será posible se se transforma de raíz, desde o interior de nós mesmos e o das nosas organizacións sociais e políticas, desde o presente. Neste empeño, os suxeitos e as súas subxectividades afloran a un plano primeiro, centrando as reflexións nos protagonistas que pensan e realizan as transformacións, os suxeitos político-sociais dos cambios revolucionarios”.