O CES alerta de datos "altamente preocupantes" de pobreza entre os 16 e 24 anos

Entrega ao Parlamento galego a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2023 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O presidente do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Agustín Hernández, entregou este mércores ao titular da Cámara galega, Miguel Santalices, a Memoria sobra a situación económica e social da Comunidade galega 2022, aprobada por unanimidade polo Pleno deste órgano.

No encontro, celebrado no Pazo do Hórreo, tamén participou o representante da comisión sectorial encargada da redacción desta memoria e representante da CEG no Consello, José Antonio Neira Cortés, así como o secretario xeral do CES Galicia, Manuel Martínez Varela.

A memoria do CES estrutúrase en cinco capítulos principais que se ocupan do panorama económico, do mercado de traballo e as relacionais laborais; do dinamismo do tecido produtivo; da calidade de vida e o benestar social: e dos recursos e capacidades para o desenvolvemento.

Esta análise tamén aborda asuntos como a evolución demográfica, a actividade e o emprego, a estrutura produtiva, a saúde, a pobreza, a cultura, o medio ambiente, a formación ou a investigación e tecnoloxía.

DATOS PREOCUPANTES DE POBREZA

Este documento foi presentado o pasado 30 de xuño nunha rolda de prensa na que se sinalou que a memoria --con 86 recomendacións-- recolle datos "altamente preocupantes" de pobreza entre os 16 e 24 anos, cunha taxa do 25,6%, a máis elevada de todos os grupos de idade.

Entre outras problemáticas, neste informe tamén se inclúen temas como a "elevada" lista de espera do Sergas, a perda de peso da industria, a calidade do emprego, o envellecemento ou a inflación.

O CES entrega ao Parlamento galego a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022
O CES entrega ao Parlamento galego a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022 | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta