As licenzas para construción de novos edificios caen un 16 % en Galicia en abril, ao concederse 148

Aumentaron, pola contra, as licenzas para rehabilitación de edificacións xa existentes: un 18,5 % máis, ata as 147 obras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un total de 148 licenzas para a construción de novos edificios foron concedidas en Galicia no mes de abril, o que supón un 16 % menos que un ano antes, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns.

Así, estas licenzas darán lugar á creación de 186 novas vivendas, o que se traduce tamén en case un 17 % de baixada en comparación con abril de 2022.

Pola súa banda, sobre edificacións xa existentes concedéronse licenzas para 147 obras de rehabilitación, de forma que aumentan un 18,5 % na comparativa interanual.

No tocante ás demolicións de edificios, o mes de abril deixa 22 en Galicia, tres menos que 12 meses antes. As vivendas demolidas foron 25, case o dobre que un ano antes.

Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas
Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta