Nuñez Feijóo xogouse a unha maioría absoluta co seu aliado Vox da ultradereita e rematou cunha derrota que o fará retornar a Galicia fronte ao aumento de popularidade da líder de Madrid, Ayuso. O escenario actual móstranos a unha esquerda que ten a gobernabilidade, centralista, reformista e os partidos das nacionalidades históricas que gozan de importantes apoios electorais. Todas estas forzas teñen en común a repulsa ás políticas unitarias e neofascistas do PP e Vox.
No caso de Galicia o BNG segue sendo o partido progresista que máis forza popular ten. É un partido estable, cunha política coherente cos dereitos nacionais de Galicia. Está actitude lévao a disputar o espazo galego co PP. Mentres o PSOE non atopa estas raigames populares e a esquerda liderada por Yolanda Díaz carece dunha estrutura territorial consolidada e unha desconexión entre os problemas de clase e os dereitos nacionais de Galicia.
Neste panorama o clientelismo do PP mantén o seu poder popular e o BNG vai consolidando en cada proceso electoral o seu caudal electoral. Estás últimas eleccións demostraron o seu crecemento e as posibilidades de seguir sendo a segunda forza electoral de Galicia superando ao PSOE.
O BNG pasou de 120.000 150.000 votos. A pesar do ahumento electoral pola lei electoral este resultado non se expresa no aumento dos deputados. Este panorama pode abrir a posibilidade de desprazar ao PP da Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonomicas nunha alianza liderada polo BNG en acordo co PSOE.