O festival Cidade Imaxinaria regresa o 9 de setembro á Cidade da Cultura de Santiago con circo, maxia e teatro

Desde as 11,00 ata as 20,30 horas, malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e pallasos compartirán o espazo e a programación con xogos de enxeño, teatro rueiro e instalacións de gran formato.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2023 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O festival Cidade Imaxinaria regresará este 9 de setembro á Cidade da Cultura con espectáculos de teatro, maxia, circo e con artistas nacionais e internacionais.

Segundo anunciou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades este xoves, desde as 11,00 ata as 20,30 horas, malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e pallasos compartirán o espazo e a programación con xogos de enxeño, teatro rueiro e instalacións de gran formato.

En total, serán unha vintena de compañías procedentes de Bélxica, Italia, Portugal, Valencia, Cataluña, Madrid e Galicia, con outras tantas propostas lúdicas ao longo de toda a xornada.

A Consellería sinalou que se trata dun "programa completo" ao aire libre, co cal o Gaiás "despedirá a súa programación de verán a só dous días do comezo do curso escolar".

Celebrado entre 2011 e 2019, o festival Cidade Imaxinaria é unha das citas clásicas na programación infantil do Gaiás. Tras unha interrupción provocada en 2020 pola pandemia de covid-19, este evento regresa en 2023 nun formato de xornada completa, con numerosos espectáculos que levarán a cabo en diferentes puntos exteriores da Cidade da Cultura.

O festival Cidade Imaxinaria regresa o 9 de setembro á Cidade da Cultura con espectáculos de circo, maxia e outros
O festival Cidade Imaxinaria regresa o 9 de setembro á Cidade da Cultura con espectáculos de circo, maxia e outros | Fonte: MANUELGVICENTE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta