As bibliotecas escolares galegas acadan case o 30% dos premios nacionais aos clubs de lectura

Entre eles destanca Radio na Biblio , Biblioteca Creativa e Lectura e Familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

As bibliotecas escolares galegas conseguiron 11 dos 41 premios estatais aos clubs de lectura correspondentes ao curso 2022/2023, case o 27% do total. Seis foron para centros da provincia da Coruña, tres para Pontevedra, e un para Ourense e Lugo, respectivamente.

Segundo explican nun comunicado, estes galardóns teñen o obxectivo de recoñecer o potencial destes grupos como elemento destacado para o fomento da lectura entre os membros da comunidade educativa e o seu papel como factor dinamizador das actividades da biblioteca escolar.

Tamén este martes, explican, a Xunta publicou a nova convocatoria dos clubs de lectura e doutros tres dos programas máis destacados dentro da folla de ruta neste ámbito, o Plan LEA (Lectura, Información, Aprendizaxe).

Son, en concreto, a de Radio na Biblio , Biblioteca Creativa e Lectura e Familias. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 17 de outubro. A través desta convocatoria, está previsto que este curso funcionen en Galicia un total de 450 Clubs de Lectura, coa incorporación de 49 novos.

Detallan que se valorarán especialmente aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en galego e que busquen contribuír a un maior vínculo do alumnado coa lingua e a literatura galegas.

Así mesmo, puntúanse especialmente aquelas iniciativas destinadas a fomentar a diversidade na participación nos grupos de lectura, tanto por parte do alumnado como do resto da comunidade educativa.

No caso de Radio na Biblio, está previsto incorporar a 30 centros a esta iniciativa, que se sumarán aos 167 xa participantes. Este programa busca desenvolver o modelo de biblioteca cara a centros creativos de aprendizaxes e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionales e mediáticas do alumnado.

Doutra banda, Biblioteca Creativa pretende estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través da creación e a experimentación.

Trabállase para ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativo, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.A previsión é seleccionar 25 novos centros, que se sumarían aos 148 integrados en convocatorias precedentes.

Educadores e bibliotecas traballan a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos. FEDERACIÓN LIBRARÍAS GALICIA
Educadores e bibliotecas traballan a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos. FEDERACIÓN LIBRARÍAS GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta