Falta de man de obra, a gran problemática do sector do transporte en Galicia

A conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo este venres unha reunión coa secretaria xeral da Asociación empresarial de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero, na que analizaron as demandas do sector do transporte, centradas na escaseza de profesionais.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/10/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo este venres unha reunión coa secretaria xeral da Asociación empresarial de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero, na que analizaron as demandas do sector do transporte, centradas na escaseza de profesionais.

Tal como recolle a Xunta nun comunicado, Rivo recolleu as necesidades do sector e comprometeuse a estudalas, sendo unha das principais reivindicacións a falta de man de obra. O Goberno galego destacou que, para optimizar e facilitar o encontro entre a oferta e a demanda de emprego, están a modernizarse as oficinas de emprego cunha nova tecnoloxía baseada en intelixencia artificial, que axusta os perfís dos candidatos ás vacantes existentes.

Ao encontro tamén acudiron un grupo de profesionais de Perú, contactados en orixe por unha empresa do sector. Estes condutores están a formarse en Galicia para poder establecer aquí o seu proxecto vital e cubrir as vacantes que non é posible atender con profesionais da Comunidade.

Atasco de camións
Atasco de camións | Fonte: Carlos Luján - Europa Press - Arquivo

A Xunta analiza coa patronal Apetamcor as demandas do sector do transporte, centradas na escaseza de profesionais
A Xunta analiza coa patronal Apetamcor as demandas do sector do transporte, centradas na escaseza de profesionais | Fonte: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta