Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023 | Actualizada ás 16:31
O portavoz do grupo municipal do Partido Socialista, Iván Puentes esixiu ao Goberno local do Concello de Pontevedra que poña fin "á tolemia e ao conflito artificial que xerou cos feirantes". Nunha comparecencia de prensa celebrada este luns, o portavoz socialista acompañado da concelleira Yoya Blanco, alertou da "intención" do Goberno local de "disfrazar cun informe falso" o que para el é "unha clara decisión política" de "cargarse" a feira ambulante dos sábados.
Puentes advertiu sobre o "serio risco" no que o Concello de Pontevedra está a pór a continuidade do mercadillo, e reiterou a súa teoría de que "coa desculpa de que os feirantes están en folga" e que non se está montando a feira "decidan suspender a súa celebración de maneira indefinida".
Para o portavoz local do PSdeG-PSOE esa sería "a estocada definitiva" e tamén "a proba do nove" de que o que está detrás da decisión de non trasladar a feira ambulante á Alameda, tal e como decidiron os socialistas no mandato anterior, senón "a desaparición da feira".
O portavoz do PSOE subliñou nesta comparecencia que os intentos de levar a feira á avenida de Buenos Aires mostraron que se produce "unha alteración evidente do tráfico, aínda sen celebrarse o mercadillo" e sen que os cortes que están contemplados no plan de tráfico foran plenamente implementados, segundo manifestou.
O socialista tamén cargou como o "suposto" informe técnico "chusco e impresentable" asinado pola concelleira de Promoción Económica Anabel Gulías para "tentar sustentar todo o artificio sobre as bondades da avenida de Buenos Aires".
Para Iván Puentes este informe "é máis digno de que o firme Iker Jiménez, porque parece A Nave do Misterio" xa que, segundo sinalou, nese documento o río Lérez estaría máis preto que a Alameda do centro da cidade, a "apertada" contorna do mercado tería menos barreiras arquitectónicas que a Alameda, aplica unha "delirante" fórmula matemática, puntúa do mesmo xeito a opinión dos feirantes que do resto de colectivos e "manipula de maneira descarada" os baremos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.